Ponteareas organiza obradoiros de balde para desempregados e traballadores durante o vindeiro ano 2017

Serán impartidos no Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Ponteareas e xa está aberto o prazo de inscrición

Os talleres gratuítos son os seguintes: o currículum vitae na Internet, onde tratarán o manexo de modelos ou o envío de arquivos anexos; a procura de emprego on line, onde aprenderán unha busca mellorada na Internet a través de portais de emprego, metabuscadores ou aplicacións; e, por último, o taller de selección de persoal onde traballarán as entrevistas tanto individuais como colectivas, así como as probas psicotécnicas.

Para a inscrición e maior información deben dirixirse ao Centro de Desenvolvemento Local, sito en Ribadetea 5, no lugar da Lomba ou no teléfono 986 661 050.