Ponteareas organiza o Campus Tea de Nadal

A concellería de Ensino pon en marcha esta iniciativa de lecer, dirixida a alumnado de entre 3 e 14 anos

As actividades terán lugar no CEIP Fermín Bouza Brey, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas

cartel-campus-nadal-2016

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, xestionada por Cristina Fernández, organizará un campamento urbano para alumnado de entre 3 e 14 anos que comezará o vindeiro 22 de decembro e rematará o 5 de xaneiro de 2017.

Este campamento urbano, que recibe o nome de “Campus-Tea Nadal”, terá lugar nas instalacións do CEIP “Fermín Bouza Brey” de Ponteareas. O prazo de inscrición será ata o 7 de decembro, descargando o impreso da páxina web do Concello ou pódese recoller no departamento de ensino, situado na planta baixa da Casa Consistorial, debendo ser presentada en prazo no Rexistro Xeral.

O prezo de inscrición no Campus será de 26 euros por participante e 24,5 euros a partir do segundo irmán. As diferentes actividades, como saídas con temática medioambiental coa colaboración do Voluntariado Municipal, aprender as diferentes costumes de festexo do Nadal en diferentes partes do globo como Norteamérica, Sudamérica ou na propia Galicia, onde até non hai moitos anos a tradición do Apalpador era estendida, desenvolveranse de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas. Tentarán transmitirse valores de respecto e coidado co medio ambiente, de cooperativismo e contra a violencia de xénero. Todas aquelas persoas interesadas que necesiten máis información deben dirixirse ao departamento de Ensino ou ben chamando ao teléfono 673 794 880.