Ponteareas ofertará formación en Mercadotecnia e Creación de Microempresas

O Concello de Ponteareas ven de conseguir unha subvención de 125.691€ para cursos de formación ocupacional dirixidos prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas.
Os cursos, que deberán desenvolverse antes do 30 de xuño de 2108, capacitarán ao alumnado en “Mercadotecnia e compravenda internacional” e “Creación e xestión de microempresas”.
O curso de mercadotecnia, que conta cun orzamento de 73.368€, terá un total de 828 horas e o de creación de microempresas, cun orzamento de 52.323€, realizarse durante 598 horas.
Grazas a esta formación, o alumnado mellorará o seu curriculum tendo máis facilidades para acceder ao mercado laboral.
Unha das prioridades do goberno de Ponteareas é o fomento de emprego, nas últimas semanas tamén se abriu o prazo para inscribirse no obradoiro de emprego “Compromiso Social III” que permitirá a inserción laboral e a formación de máis de vinte persoas desempregadas.
Para o Alcalde de Ponteareas traballar na procura de apoios económicos que fomenten a creación de emprego e formación para a inserción laboral é decisivo para garantir unha mellora na calidade de vida da veciñanza. Obter formación reglada e acorde coa actual demanda do mercado laboral totalmente de balde sen ter que desprazarse a outras cidades é outro dos obxectivos do goberno de Ponteareas.