Ponteareas oferta un curso de monitor de ocio e tempo libre

curso monitor ocio tempo libreA Concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Ponteareas, dirixida por Andrés Sampedro, ofrecerá un curso homologado pola Consellería de Traballo e Benestar de monitor de ocio e tempo libre.

O curso ten un total de 350 horas, 200 teóricas e 150 prácticas, e un prezo de inscrición de 110 euros. Para matricularse será preciso estar en posesión dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación Secundaria ou Técnico Auxiliar en Formación Profesional.

Todas aquelas persoas interesadas poden informarse chamando aos seguintes números de teléfono: 986 66 07 65 – 618 70 56 18. A actividade, subvencionada polo Concello de Ponteareas, comezará o vindeiro 20 de maio e rematará o día 30 de xuño.