Ponteareas No Tempo inaugura exposición en Areas

A concellaría de Cultura e Lecer, Turismo e Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dirixida por Hortensia Bautista, organiza unha exposición de fotografía histórica na parroquia de Areas na que se fai un percorrido polos costumes, tradicións, fútbol, festas e romarías da parroquia co obxectivo de recuperar e pór en valor a memoria colectiva da veciñanza.

A exposición inaugurouse onte xoves 1 de novembro na Casa Cultural de Areas. Poderá visitarse durante todo mes, os sábados, domingos e festivos en horario de 16:00 a 21:00h.

Esta iniciativa encádrase dentro do proxecto “Ponteareas no Tempo”, emprendido pola concellaría de Cultura e Lecer, de recompilación de imaxes históricas.

As fotografías e as súas historias pódense visitar na web www.ponteareasnotempo.gal.

Esta iniciativa realizarase nas parroquias que así o soliciten. Esta é a segunda exposición organizada tras a segunda na parroquia de Bugarín.