Ponteareas móllase polo río Tea

O concello colabora, un ano máis, con ADEGA e cita a toda a cidadanía o domingo 30 de setembro ás 09:30h na ponte de San Roque para limpar o río Tea, implicándose un ano máis no proxecto Ríos. Tal e como ven facendo dende que se produxo o cambio de goberno no ano 2015, o concello colabora con ADEGA neste proxecto que na nosa cidade está coordinado pola plataforma de Defensa do Tea.

Este domingo 30 de setembro celébrase a xornada “Móllate polos ríos” simultáneamente en medio cento de concellos de toda Galicia. En Ponteareas os voluntarios e voluntarias implicadas amosarán o seu compromiso co río Tea retirando todo o lixo posible. A plataforma anima a todos e todas a participar nesta limpeza simultánea de ríos que chega xa a súa novena edición. As persoas interesadas en obter máis información poden facelo no teléfono 696 65 50 89. 

Ponteareas leva particidando dende 2015 neste programa por iniciativa do goberno presidido por Xosé Represas. Nestes anos coa participación de ducias de voluntarios retiraronse varias toneladas de lixo. Voluntarios e voluntarias de Voltea volverán participar nesta actividade. 

“É unha xornada de concienciación que ademáis pon en valor a importante labor do voluntariado medioambiental e a relevancia dun río como o Tea, incluído no espazo Rede Natura 2000,  que vertebra o noso concello, sendo non só un atractivo turístico se non tamén unha riqueza natural ” manisfestou o alcalde.