Ponteareas investirá máis de 37.000€ na reparación de beirarrúas no centro urbano

O concello actuará en tramos de máis de cinco rúas donde se realizarán traballos de destoconados de árbores, reparación do firme ou substitución de baldosas entre outros traballos

A concellería de Vías e Obras do concello de Ponteareas, que dirixe Chus Garrote, informa que se ven de adxudicar por 37.299,15€ (ive incluído) o contrato do proxecto de reparación de beirarrúas en distintos puntos do centro urbano.

A través dun procedemento aberto simplificado o concello recibíu dez propostas que a unidade técnica procedeu a valorar priorizando aquelas que cos mesmos servizos e garantías de calidade ofreceran mellor prezo.

O concello conseguíu nesta adxudicación un aforro de 13.077,9€ respecto ao prezo de saída de licitación.

Financiado a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra permitirá a intervención de reparación en máis de cinco rúas de Ponteareas, rúa Virgen de la Luz, rúa Daniel Ojea Sarmiento, rúa dos Mestres, rúa La Orotava e rúa das Mimosas, entre outras actuacións en diferentes tramos.

Entre os traballos que se realizarán está o destoconado de árbores para paliar os danos ocasionados polas raíces, demolición e levantados de firmes, reposición de pavimentos en baldosa hidráulica ou substitucións de bordillos entre outros traballos que se suman ás accións de mantemento financiadas con fondos propios que a concellería de Vías e Obras realiza ao longo de todo o ano dentro da partida de reparación de infraestruturas e outros bens naturais que no terceiro trimestre superaba xa os 100.000€.