Hoxe tivo lugar a inauguración da derradeira fase das obras de rehabilitación que o concello acometeu no nivel 1 do mercado de abastos e Ponteareas.
O acto, o que asistiron o alcalde Salvador González Solla e a Concellelira de Comercio e Industria, Marisol Valado Pérez, contou tamén coa presenza de diversas autoridades da Xunta de Galicia como o Conselleiro de Comercio e Industria D. Francisco José Conde López, a Directora Xeral de Comercio Dna. Sol Mª Vázquez Abeal, a secretaria xeral de Turismo, Dna. Nava Castro, e o delegado da Xunta en Pontevedra, D. José Manuel Cores Tourís ademais de representantes dos grupos políticos con representación na corporación e das asociacións de comerciantes e industriais da vila.
O conselleiro despois de percorrer as obras feitas de departir cos vendedores, destacou que “A través destas actuacións temos feito do mercado de Ponteareas un espazo moderno e funcional, posibilitando que o concello conte coa mellor praza de abastos posible como eixo vertebrador da súa actividade comercial”
Pola súa banda, o alcalde Solla, destacou que “a remodelación das instalacións que hoxe se inauguran, non son un feito illado, senón que supoñen a continuidade da profunda reforma que o concello está a levar a cabo no mercado municipal”
Compre lembrar, que xa en decembro do 2011, se acometeu a reforma do ascensor de uso público e os novos aseos da segunda planta, estando xa operativos con motivo do nadal dese ano, continuando en xaneiro de 2012 coa remodelación dunha parte da segunda planta onde se ubica a venta de peixe.
A Concelleira Valado destaca que “para estas obras, contouse coa colaboración dos vendedores e vendedoras que visitaron as prazas de abastos de Ferrol e A Coruña, onde obtiveron ideas trasladables as obras que se ían acometer”. “Obras por outra banda, tremendamente necesarias dadas as precarias condicións técnicas e hixiénicas nas que se atopa dita planta, e as necesidades de adaptación a normativa vixente” subliña Valado.
No ano 2013 inicióuse a derradeira fase de obras nesta planta que agora conta con coarenta postos de venta. As obras supuxeron unha reforma en profundidade en relación a execución de novos postos de venta abertos, renovación das instalacións eléctricas, de fontanería e saneamento, dotación de alumeado, colocación de falso teito, renovación da carpintería de aluminio con regulación térmica e que impide a entrada de insectos e outros animais, impermiabilizacións, novos pavimentos, mobiliario, etc…
O alcalde de Ponteareas asegurou ser plenamente consciente de que as obras “ocasionaron incomodidades momentáneas, como acontece con calquera tipo de actuación en lugares de uso público” pero, tamén afirmou Salvador González Solla, que os inconvenientes e incomodidades xa pasaron e “redundaron en beneficio tanto dos usuarios como dos empresarios que desenvolven o seu labor no Mercado Municipal” polo que de antemán, o Alcalde, “agradece a tanto aos vendedores das plantas da plaza de abastos como aos da carreira e os usuarios, a comprensión, paciendia e o esforzo que tiveron no transcurso das obras”.
Coa inauguración de hoxe, engade o titular da Alcaldía de Ponteareas, “poderemos contar cun Mercado Municipal totalmente renovado, atractivo para o público, cómodo para realizar as compras e adecuado ás necesidades dos vendedores, xusto o que se necesita en tempos de crise para reactivar a actividade deste servizo e que se converta no eixo no motor da actividade comercial do municipio”.
O investimento total ata o día de hoxe, na remodelación do mercado de abastos de Ponteareas, supón perto de 500.000 euros, dos que o 75% foron subvencionados pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, dentro de programa: revitalización do comercio de proximidade e potenciación dunha rede galega de mercados de abastos excelentes. O 25 % restante con cargo aos orzamentos do Concello de Ponteareas.
“O concello seguirá nesta liña de actuacións de cara ao 2014, tratando de que parte dos 4 millóns de euros que a Consellería de Economía e Industria destinará ao impulso do comercio de proximidade, cheguen a Ponteareas e nos permitan acometer as seguintes obras de actualización do edificio como: cuberta, fachadas, etc… Asomesmo seguiremos traballando para a aprobación do novo regulamento da praza e nas adxudicacións dos postos vacantes” subliñou a concelleira Valado.