Ponteareas homenaxeou a Fermín Bouza Brey

O Concello de Ponteareas organizou un acto de galeguización xurídica no que se presentou unha placa en honor ao prestixioso xuíz con motivo do cumprimento dos 115 anos do seu nacemento en Ponteareas. A xornada rematou cunha palestra que tivo lugar na Casa do Concello e na que participaron o fiscal da Fiscalía Superior de Galicia, Carlos Varela García; o secretario da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Xosé González Martínez; e a avogada e escritora, Isabel Blanco.