Ponteareas homenaxea á poetisa Rosalía de Castro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística que dirixe Hortensia Bautista convida á veciñanza a participar nos distintos actos que se organizan en homenaxe á Rosalía de Castro. 

Hoxe ás 17:30  horas na praza Maior obradoiro de chapas e ás 18 horas nos locais municipais dos baixos do auditorio obradoiro de centros florais con camelias. 

Este sábado ás 17 horas no salón de plenos inauguración da mostra da camelia e a continuación ofrenda floral a Rosalía de Castro na rúa que leva o seu nome. Os participantes poderán gozar da visita guiada pola mostra na que coñecerán as distintas especies e as súas propiedades cosméticas. Ás oito horas no auditorio municipal Butaca Zero en colaboración co Centro Dramático Galego representa “Camiños”. As entradas por valor de 4 euros poden adquirirse na billeteira do auditorio municipal mañá sábado de 11 a 14 ou de 18 a 20 horas, tamén poden reservarse no enderezo electrónico auditoriomunicipal@ponteareas.gal