Ponteareas entrega os premios do I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal

O xurado destaca a alta participación e o alto nivel dos traballos

A Concellaría de Cultura en colaboración coa Asociación Comercial Banastra organizou o I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal, ambientados en Ponteareas.

O concurso que contaba con tres categorías contou cunha ampla participación: 23 relatos na categoría adulta, 10 en categoría xuvenil e máis de 30 na categoría infantil.

O xurado, formado pola escritora María Lado, polo xornalista e escritor Manrique Fernández e polo catedrático de debuxo Berto Álvarez, salientou a calidade e o esforzo das e dos participantes por establecer unha simbiose entre os textos e as ilustracións que os acompañaban, sobre todo na categoría adulta.

Ante o nivel dos relatos, na categoría adulta, decidíuse dar un accésit.

 

CATEGORÍA INFANTIL
1º Premio: Roi Lamela Rodríguez co relato “Papá Noel e os toques de queda”
2º premio: Iria Barros Rodríguez co relato “Concurso de debuxos”
3º Premio: Zoe Rivas Rosende co relato “As Chamas”

 

CATEGORÍA XUVENIL
1º Premio: Lidia Martínez Pérez co relato “Un regalo de valor incalculable”
2º premio: Rebeca Núñez Álvarez co relato “Relato”.
3ºpremio: Yanira Pérez Fernández co relato “A lenda do home de vermello”

 

CATEGORÍA ADULTOS
1º Premio: Isabel Blanco co relato “Cea de Nadal”
2ªPremio: Alexandro Bouzo Otero co relato “Lupus”
3º Premio: María José Pérez Rodríguez co relato “A segunda oportunidade”
Áccesit: Tere Ríos co relato “Uxía debuxa o Nadal”.