Ponteareas entrega en La Orotava a medalla do Corpus 2019 ao alfombrista canario Miguel J. Pérez Domínguez

A tenente de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, entregaron onte na localidade Canaria de La Orotava a medalla de Corpus 2019 ao alfombrista canario Miguel Juan Pérez Domínguez .

Acompañados de seis alfombristas ponteareás, dun grupo de música e baile tradicional e de voluntarios e voluntarias que se desprazaron ata La Orotava, Cristina Fernández e Miguel Bouzó realizaron unha alfombra floral e aproveitaron para promocionar os produtos gastronómicos locais como a rosquilla de Ponteareas ofrecendo unha degustación aos visitantes que se achegaron ata a alfombra de flores ponteareá.

A comitiva de Ponteareas tamén participará nestes días na cea de Magos e na romaría de San Isidro, entre outras actividades e actos protocolarios nos que difundir a nosa vila.