Ponteareas e Turismo de Galicia asinan un convenio de promoción das festas do Corpus de Ponteareas

A Dirección de Turismo de Galicia e o concello de Ponteareas asinan un convenio de colaboración para a promoción das festas do Corpus Christi de Ponteareas por valor de 40.000€ que se ven sumar ao asinado coa entidade financieira Abanca que fará unha achega de 10.000 euros como contribución á celebración da festa do Corpus Christi.

Pola súa banda, o Concello de Ponteareas, incluirá en toda a documentación e soportes referidos á Festa do Corpus 2017, o anagrama das dúas entidades como patrocinadores do evento. O apoio da entidade financieira enmárcanse dentro do acordo con Turismo de Galicia de respaldo ás festas declaradas Ben de Interese Turístico Internacional. 

O apoio de Abanca non é máis que o recoñecemento da importancia da Festa do Corpus Christi de Ponteareas e das súas alfombras florais, das que destacan  que “son as máis importantes de Galicia” ademais de converter a Ponteareas “nun referente internacional na arte de confección de alfombras florais” amais de subliñar, no propio texto do convenio asinado que a súa tradición en materia de confección de alfombras de flores “é unha das máis antigas do mundo”.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, salientaba a importancia do apoio “a unha celebración que segue viva en Ponteareas dende hai máis de 150 anos” e que reflicte, aseguraba o rexedor local, “o traballo solidario e colectivo de todo un pobo na procura dun obxectivo común”.