Este venres no auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, tivo lugar a clausura e entrega de diplomas aos participantes no Plan Integrado de Emprego “Xuntos Polo Emprego” que os concellos de Ponteareas e Salceda de Caselas executaron conxuntamente dende o derradeiro novembro de 2013.
O acto asistiron en representación do concello de Ponteareas, Marisol Valado Pérez, Concelleira de Emprego, quen excusou a ausencia do alcalde Salvador González Solla, do que fixo chegar as parabens a todolos participantes e o apoio, que por parte do Concello, se está a reaizar para todos os desempregados. Asistiu tamén Marcos David Besada Pérez e Marina Cabaleiro, alcalde e Concelleira de Emprego respectivamente, do concello de Salceda de Caselas.
Este plan conxunto dos dous concellos, estableceuse como unha vía de colaboración dirixida a incorporación ao mercado laboral das persoas desempregadas, con atención prioritaria a colectivos específicos con especiais dificultades de inserción, facendo práctico deste xeito, o obxectivo do “Acordo do Dialogo Social en Galicia” que e o de facilitar a inserción das persoas desempregadas a través das políticas activas de emprego contribuíndo a xeración de emprego estable e de calidade.
A concelleira Valado na súa intervención subliñou que “o éxito do programa ven determinado pola vontade de traballo que os dous concellos puxeron enriba da mesa e porque e ineludible a necesidade de facer todos os esforzos posibles dende as administracións, cara a fomentar a formación poñer a disposición dos veciños las ferramentas necesarias para que poidan competir nas mellores condicións a hora de acceder a un posto de traballo”.
O número total de participantes no plan foi de 100 persoas, pertencentes a os seguintes colectivos: persoas con discapacidade, desempregados en risco de exclusión social, mulleres, menores de 30 anos, desempregados de longa duración, inmigrantes, e desempregados como consecuencia dunha crise empresarial, establecéndose un obxectivo de inserción do 50 por cento dos participantes.
Compre destacar tamén o aspecto innovador que tivo proxecto, dado que os participantes ademais das actividades presenciais, contaron cunha plataforma on-line as 24 horas do día, onde puideron consultar dúbidas, facilitando a súa orientación e adestramento, así como o acompañamento na intermediacion e apoio na procura de emprego, ao mesmo tempo que se favorece o uso das novas tecnoloxías.
Pola súa banda, Marcos Besada destacou que: “para os dous concellos, que por primeira vez afrontaron a execución dun plan deste tipo, foi unha experiencia enriquecedora, da que todos obtiveron ensinanzas, tanto os participantes como as administracións e o persoal técnico que desenvolveron o programa, agradecendo a estes últimos o seu esforzo para levalo a cabo con éxito”.
A Concelleira Cabaleiro, tamén agradeceu aos participantes a súa boa disposición cara a busca de emprego participando neste tipo de programas, e animounos a seguir na busca activa, dada a especial situación económica na que nos atopamos.
Perante o seis meses nos que se desenvolveron as accións (novembro 2013-abril 2014), os participantes combinarán accións de diversa natureza, tales como: información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas con intermediación laboral e mobilidade xeográfica.
A formación teórico práctica recibida abarcou os sectores vitivinícola, hostalería e servizos con mais de 700 horas impartidas nos dous concellos e nas especialidades: Técnicas de Plantación Vitivinícola, Operario de Carretas Elevadoras, Axudante de cociña, Atención ao Cliente, Xestión de Almacén e Loxística, Técnicas de Venda, Operario de Limpeza Industrial, Dependente de comercio e Call Center, complementándose con Informática e Autoemprego.
Esta formación completouse con prácticas en empresas que no caso das especialidades do sector servizos fixéronse en empresas de Redondela, Ponteareas e Vigo, e no caso da especialidade de vitivinícola fixéronse en adegas de Arbo e Salvaterra.
A inserción ata o día de hoxe e dun 70 %, tendo en conta que estamos na metade do programa, pódese considerar un éxito dado que o plan remata en outubro. Nestes cinco meses restantes continuarase coa labor de inserción.