Ponteareas destina máis de 500.000€ ao Plan de Emprego 2020

O Concello informa dos CÓDIGOS DE OCUPACIÓN que solicitará da Oficina de Emprego

O goberno municipal de Ponteareas de BNG-PSOE, ven de por en marcha o Plan de Emprego 2020 cun importe total de 540.980,98 euros e que será financiado a través do Plan Concellos da Deputación que aportará 254.402,20 euros e o importe restante, 286.578,78 será con fondos propios do Concello.

REQUISITOS PARA PODER ACCEDER AO PLAN DE EMPREGO DO CONCELLO

As persoas que queiran aspirar a beneficiarse deste programa deben cumprir co requisito de estar en situación de desemprego e incritas como demandantes de emprego na oficina comarcal de Ponteareas do Servizo Galego de Emprego para poder participar na preselección de candidatos que realizará o servizo de emprego. Posteriormente será o Concello quen realice as probas de selección dos candidatos idóneos para cada posto para proceder á contratación. Este proceso, do que o Concello informará no seu momento, poráse en marcha unha vez recibida a concesión da subvención da Deputación.

CÓDIGOS DE OCUPACIÓN QUE SOLICITARÁ O CONCELLO DE PONTEAREAS DA OFICINA DE EMPREGO

As persoas interesadas, ademais de estar incritas no Servizo de Emprego como demandantes sen ocupación, para ter oportunidade de poder optar a estes postos de traballo terán que inscribirse en algún dos seguintes códigos de ocupación na oficina de emprego. Detállanse a continuación as ocupacións que solicitará o Concello de Ponteareas para os contratos deste plan de emprego que se iniciarán no mes de abril:

95.12.10.19 Peón de medio ambiente, xardiñeiros en xeral

71.91.10.12 Oficial 3ª oficios varios mantedores edificios

51.10.10.26 Axudante de cociña

56.11.10.13 Auxiliar de clínica

43.09.10.29 Auxiliares Administrativo (admon xeral)

92.10.10.50 Limpador/a

31.29.11.89 Técnico en Medio Ambiente

37.24.10.34 Animador sociocultural

22.52.10.13 Educador/a infantil

31.22.10.96 Técnico/a en obra pública

28.22.10.32 Técnica/ o en administración pública

26.30.10.20 Técnico/a en turismo

96.02.10.13 Peóns de Vías e Obras

72.21.10.12 Oficias 3ª Fontanería

71.21.10.15 Oficiais 3ª Albanelería

75.10.10.33 Oficiais 3ª Electricidade

OCUPACIÓN

CÓDIGO

Peóns medio ambiente e xardinería

95.12.10.19

Oficial de 3ª oficios varios mantemento edificios

71.91.10.12

Axudante de cociña

51.10.10.26

Auxiliar de clínica

56.11.10.13

Auxiliares Administrativo (admon xeral)

43.09.10.29

Limpador/a

92.10.10.50

Técnico en Medio Ambiente

31.29.11.89

Animador sociocultural

37.24.10.34

Educador/a infantil

22.52.10.13

Técnica/o en obra pública

31.22.10.96

Técnico/a en administración pública

28.22.10.32

Técnico/a en turismo

26.30.10.20

Peóns de Vías e Obras

96.02.10.13

Oficias de 3ª fontanería

72.21.10.12

Oficiais de 3ª albanelería

71.21.10.15

Oficiais de 3ª electricidade

75.10.10.33