O goberno do BNG-PSOE da un paso máis na consecución dunha vila máis sustentábel, con mellores servizos e no que os máis pequenos e pequenas conten
O goberno de Ponteareas do BNG e do PSOE informa do remate das obras de rehabilitación enerxética da escola infantil municipal que tiveron un custe total de 104.342,01€. Con esta iniciativa o goberno reafírmase nos compromisos de acadar unha vila máis sustentábel, de mellorar os servizos ofrecidos á cidadanía e de traballar por e para a infancia.
As obras contaron co apoio da Unión Europea e foron financiadas nun 80% polos fondos europeos de desenvolvemento rexional (FEDER) e nun 20% por fondos propios do Concello.
A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, explica que grazas á intervención realizada no illamento térmico das fachadas do edificio, producirase un importante aforro enerxético contribuíndo así na reducción de emisións de CO2 e dando un paso máis na consecución dunha vila máis saudábel. Concretamente, grazas a esta actuación deixaránse de emitir 33 toneladas de CO2 ao ano.
Con esta actuación, a mellora na eficiencia enerxética posiciónase nun dos estándares máis altos da clasificación fixada pola Unión Europea, que ademais é un dos obxectivos polo que a estratexia Ponteareas, Hábitat Saudábel conseguíu a confianza de Europa.
Este novo esforzo supón unha importante mellora das instalacións da escola infantil municipal gozando agora dun espazo máis confortábel os nenas e nenos usuarios dando un paso máis no noso compromiso de ser unha Cidade Amiga da Infancia.
A xestión do Concello iniciada no 2015 permitíu a consecución dos fondos europeos que agora se materializan, entre outras actuacións, na mellora dos servizos ofrecidos á cidadanía, neste caso á infancia e familias, sempre na liña dos obxectivos da estratexia “Ponteareas, hábitat saudábel”.