Ponteareas convoca unha praza de técnico administrativo

O goberno de Ponteareas da un paso máis na creación de emprego e anuncia a contratación dun técnico de administración xeral en réxime de interinidade.

O Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publicou as bases para a constitución dunha bolsa de emprego de técnico de adminstración xeral, subgrupo A1, que permita a cobertura interina.

A través dun proceso transparente e de igualdade de oportunidades, os e as interesadas terán ata o día 5 de decembro para tramitar a documentación pertinente e deberán estar en posesión da licenciatura ou grado equivalente en ciencias xurídicas, económicas e administracións públicas. 

Con esta praza o concello contará cun técnico especializado que axilizará a xestión na mellora dos servizos á cidadanía.