Ponteareas convoca unha concentración de rexeitamento polo último asasinato machista en Vigo

lazo-solidario-violencia-machistaO Concello de Ponteareas, a través da concellería de Benestar Social e Igualdade, xestionada por Verónica Carrera, comunica a convocatoria dunha concentración silenciosa de condena polo presunto asasinato machista ocorrido na mañá de hoxe no barrio do Calvario, en Vigo.

A concentración terá lugar mañá, venres 30 de outubro, ás 12:00 horas na porta da Casa do Concello de Ponteareas.

Dende a concellería de Igualdade quérese lembrar que “este acto pode constituír un novo acto de violencia machista en Galicia. De confirmarse, sería a sexta muller asasinada nosa comunidade no que vai de ano”.