Ponteareas convoca a solicitude de prazas na Escola Infantil Municipal para o curso 2017-2018

Poderán solicitar praza aqueles/as nenos/as con idade entre os 3 meses e 3 anos, en consecuencia, os nados a partir do 1 de xaneiro de 2015

A Concellaría de Benestar Social, coordinada por Verónica Carrera, pon a disposición pública os impresos de solicitude que se poden recoller na Escola Infantil Municipal en horario de 10.00 a 13.00 horas de luns a venres, achegando a documentación solicitada ou ben descargar na páxina web do Concello de Ponteareas.

O prazo de presentación das mesmas remata o 25 de abril, este día incluído. No caso de falta de documentación ou defecto da mesma achegada, os interesados terán 10 días para a presentación dos documentos pendentes.

Os valores que a equipa da Escola proxecta baséanse en compartir cos demais, acadar máis independencia, potenciar a creatividade mentres cantan e bailan,  experimentar coa música, coñecer e festexar as nosas festas e aniversarios, xogar, traballar a plasticidade coas mans, contar e escoitamos contos, falar nas nosas linguas, coñecer a nosa contorna e costumes, aprender a comer e durmir cos compañeiros.

Teñen un horario aberto de luns a venres dende as 7:30 ata as 20:30 horas. Os meses de xullo, en Nadal e  Semana Santa, o horario é de 7:30 ata 15:30 horas.

 

A escola permanece aberta 11 meses  do   ano,  en   xullo  con xornada reducida,  fechando só en agosto para dar vacacións aos nenos e ao persoal. O período de adaptación das pícaras e pícaros é individualizado.

 

A Escola Infantil dispón de servizos de comedor para xantar e merendas,  apoio   e   asesoramento   pedagóxico ás familias, integración, atención   temperá   a    nenos/as    con dificultades de   desenvolvemento   ou discapacidade.