A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa que ven de asinar un convenio coa Xunta de Galicia polo que a administración local recibirá un total de 187.919,44€ para a contratación de 11 mulleres vítimas de violencia de xénero. A partir do mes de setembro estas mulleres traballarán durante un ano a xornada completa e desempeñando tarefas de interese xeral e utilidade social, como administrativas, xardineiras ou limpadoras.
Este convenio amosa, unha vez máis, a capacidade de Ponteareas para adquirir o apoio e confianza das diferentes administracións. Verónica Carrera explica que esta liña de subvencións pretende que as mulleres danadas pola violencia machista acaden unha maior autonomía comezando pola independencia económica.
No que vai de ano foron atendidas 150 mulleres polo Centro de Información a Mulller (CIM) ubicado na rúa Oriente..
Carrera aposta ademais pola formación ofrecendo durante todo o ano unha programación de cursos e obradoiros cos que mellorar o curriculum das mulleres ampliando así as posibilidades da inserción laboral.
Dende a concellería de Benestar Social e Igualdade tamén ofrecen charlas e actividades para que as mulleres gañen en autoestima e adquiran ferramental psicolóxicas e condutuais que as fagan máis independentes e menos vulnerables.