Ponteareas contará cun novo parque urbano forestal de 4.500 m2 de superficie

27Mar2014 Foto3 Parque Urbano forestalO novo Parque Urbano Forestal de Ponteareas ubicarase nunha parcela existente na rúa Trovador Xoán García de Guillade e contará cunha superficie aproximada de 4.500 m2, que xunto co espacio que ocupará a nova escola infantil suman unha superficie de 7.000 m2.

Este Parque destaca pola súa inmellorable situación nas proximidades do actual centro urbano de Ponteareas (a menos de cinco minutos andando) e pola súa centralidade no futuro desenvolvemento urbano do núcleo.

A parcela conta cunha importante e rica masa arbórea  de especies autóctonas que o concello quere poñer en valor, dado o seu gran potencial paisaxístico, educativo e de ocio, poñendoo a disposición dos seus habitantes.

O atractivo natural co que conta a parcela, así como a súa cercanía para unha importante masa de poboación, fan que este lugar sexa o mais axeitado para a instalación deste espacio de ocio en contacto coa natureza.

O proxecto encádrase dentro dun programa de actuacións previsto polo Concello de Ponteareas encamiñados a posta en valor de espacios destinados ó uso público para o recreo e o ocio dos veciños e veciñas do Municipio.

Este parque xunto co das Pombas, Perillana, Parque de San Roque, Parque da Concordia, Parque Conservatorio, Parque Manuel Rodriguez, …, e xunto con outras superficies de esparcemento, como son as prazas públicas do casco urbán, incrementa e complementa o deficit importante de  zonas verdes existentes para unha poboación aproximada de 13.000 habitantes que residen no núcleo urbano.

Un Parque Urbano Forestal, natural, cómodo e seguro para o disfrute de toda a poboación, especialmente da infantil e xuvenil que conlevará entre outras actuacións:

– A conservación do peche existente, manténdose o peche de postes de granito existente no perímetro do parque polo seu valor como elemento tradicional da arquitectura da zona e pola composición paisaxística que conforma xunto con árbores autóctonos existentes na parcela principalmente no lindeiro noroeste.

-Accesos:

  • Disporá dun acceso principal dende a rúa Trovador Xoán García de Guillade.
  • Tamén outro acceso secundario que conectará co espacio verde previsto no futuro desenvolvemento urbano da zona.
  • E finalmente outro acceso a través do Paseo Matutino, mantendo o existente na parcela.

-Zona de Xogos:

  1. Zona de Xogos Infantís, destinada a nenos de corta idade, na que se ubicarán distintos elementos e xogos adecuados para eles, en madeira, de forma que armonicen co entorno natural. Para minimizar o impacto visual se protexerá cun talud de terreo natural que delimitará o espacio.
  2. Zona de Xogos Naturais. Destinada a nenos de mediana idade e adultos, na que se ubicará unha serie de xogos naturais vinculados á vexetación existente, formando recorridos con pasos de tocons, pontes tibetanos, pasarelas de cordas e outros elementos silmilares.
  3. Zona de Estancia. Vinculada á zona de xogos infantís se plantexa unha zona de estancia que servirá como lugar de estar, encontro, lectura, relación e disfrute para os usuarios do parque.
  4. Zona de Auga. Construirase unha lámina de auga vinculada ó camiño principal e como elemento de separación coa parcela contigua, destinada á futura Escola Infantil. Aproveitando o desnivel do terreo, a auga dos surtidores discurrirá sobre o pavimento de adoquíns instalados. No caso de non estar funcionado o sistema  de bombeo de auga, servirá de bancada ante posibles acontecementos musicais, deportivos, etc,… que se poidan desenvolver nesa  zona do parque.
  5. Reserva dun espacio para a posible construcción dun local en concesión que dé servicio os usuarios do parque.

Este Proxecto dun importe aproximado de 180.000 euros atópase nestes momentos en licitación, a espera de adxudicación,polo que o Goberno local amósase satisfeito porque estamos ante unha obra moi importante para este Concello.