Ponteareas conta cun centro de asesoramento empresarial

prensa (1)Ponteareas conta desde hoxe cun Centro de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0 que se ubica nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local, froito do convenio firmado polo alcalde coa Deputación Provincial.

O acto de inauguración que tivo lugar hoxe as 12:30 horas, contou coa presencia da deputada provincial Marta Iglesias, o alcalde Salvador González, a concelleira de emprego e industria, Marisol Valado, e demais membros da corporación. Entre o nutrido grupo de asistentes estiveron presentes, alcaldes dos concellos da comarca así como empresarios, autónomos e representes de asociación comerciais e empresariais.

O CPAE de Ponteareas, formará parte dunha rede de 6 oficinas, integrada por unha sede central situada no edificio administración da Deputación en Pontevedra, que dará servizo aos 12.800 autónomos e micropemes das comarcas de Pontevedra e O Morrazo e que funcionará tamén como centro de coordinación de toda a rede que, á súa vez, constará de outras catro oficinas comarcais en Cambados; Lalín; O Porriño e na sede de Vigo da Deputación.

Marta Iglesias destacou que “o obxectivo deste centro e lograr a mellora competitiva nos procesos, nos productos e nos servizos e impulsar o uso tecnoloxías da información e a comunicación para mellorar a xestión tanto no ámbito público como no privado ”.

Pola súa banda o alcalde  Solla agradeceu a Deputación  o feito de elexir as instalacións do CDL de Ponteareas así como o propio concello, como cabeceira deste proxecto para o Condado-Paradanta e tanto él como a concelleira de emprego atópanse moi satisfeitos con esta iniciativa, na que o concello e directamente a concelleira puxeron dende o inicio todos os recursos materiais e humanos dispoñibles,  para a posta en marcha dun servizo de asesoramento a empresas e autónomos, en materia de novas tecnoloxías, que dará cobertura ás microempresas do concello e comarca (de 5 o menos empregados), axudándolles a mellorar a súa competitividade.

A Concelleira Valado, destaca ademais, que “a gran asistencia o acto de hoxe ven a poñer de manifesto que o traballo que dende o centro de desenvolvemento local  se fixo en prol de este proxecto on foi en balde, porque deste xeito, con esta iniciativa, logramos dar continuidade a algúns dos servizos que anteriormente se ofrecían a través da oficina Antena Cámara, ao mesmo tempo que ampliamos a oferta para a utilización das ferramentas informáticas de xestión”, subliña Valado.

A oficina estarán abertas 60 horas semanais, de luns a venres de 10:00 a 21:00 e os sábados de 9:00 a 14:00 horas, co obxectivo de adecuarse o máximo posible ós horarios dos pequenos empresarios e autónomos.

Para facilitar o acceso a este servizo, os autónomos e pequenos empresarios poderán obter asesoramento tanto de forma presencial coma por vía telefónica ou a través da internet. Recibirán apoio e formación en cuestións como presenza web, equipamento informático, ferramentas informáticas de xestión, acceso a internet, banca en liña, sinatura electrónica, administración electrónica, uso empresarial das redes sociais, comercio electrónico, licitación e factura electrónica, solucións sectoriais como, por exemplo, a utilización de terminais de punto de venda ou plataformas de comercio virtual, entre outras.