Ponteareas, Concello Emprendedor

O Concello de Ponteareas ven de ser recoñecido pola FEGAMP e a Xunta de Galicia cómo un dos concellos que pasan a formar parte da rede galega de Concellos Emprendedores

A Comisión Técnica de Seguimento do Protocolo Xeral de actuación, conformado pola Xunta de Galicia e Fegamp, tomou a decisión de propoñer a habilitación de Ponteareas, conxuntamente con outros concellos, como Concello Emprendedor, por cumprir todos os requisitos esixidos no citado protocolo. Estes requisitos consisten en que o Concello debe achegarlles ás empresas e aos/ás emprendedores/as:

– Simplificación administrativa. Máis facilidades de acceso a solo industrial: concesión das licenzas de obra maior nun prazo máximo de 30 días naturais desde que dispoñen de todos os informes.

– Bonificacións de ata o 95 % no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes.

– Incentivos fiscais: bonificacións e incorporación do dereito de superficie para favorecer o acceso a solo empresarial no seu municipio.

A cambio, a Xunta de Galicia dará prioridade aos Concellos Emprendedores en ordes de axudas que se convocan en réxime de concorrencia competitiva para impulsar o emprego, o emprendemento, o comercio local ou proxectos relacionados coa Industria 4.0. En concreto, inclúe un criterio específico no que o baremo de puntuación supoña, polo menos, o 20 % do total.

Certificado en pdf 20201109_CERTIFICADO CONCELLO EMPRENDEDOR