Ponteareas concede axudas a 181 familias para libros e material escolar

O Goberno municipal atendeu todas as peticións que cumprían as condicións da convocatoria

A Xunta de Goberno local acordou hoxe aprobar a lista de 181 unidades familiares beneficiarias do apoio do estudo para o curso 2016/2017, destinadas ao alumnado matriculado en educación infantil, formación profesional básica, ciclos formativos e bacharelato.

Estas axudas tratan de paliar os gastos de libros de texto e material escolar en todo o posible das familias con menos recursos económicos. Para iso, destináronse 14.762,63 euros dos orzamentos.

“Con esta medida facemos que familias que até o de agora non tiñan ningún tipo de apoio económico por parte das administración públicas poidan soportar o gasto de comezo do curso escolar, para o que axilizaremos os trámites para entregar ás familias a axuda económica o antes posible.”, indica a edil de Ensino, Cristina Fernández. A esta convocatoria presentáronse un total 192 solicitudes, das que once familias non acceden a esta axuda por exceder a renda per cápita da convocatoria e ou non completar a documentación, a pesar dos requirimentos.