Ponteareas concede 20.000€ en axudas ao estudo

O Concello de Ponteareas ven de resolver a concesión de axudas municipais de apoio ao estudio para o curso 2017/2018 destinadas ao alumnado matriculado en educación infantil, FP básica , ciclos formativos e bacharelato, de data 16 de novembro de 2017.

O Concello de Ponteareas repartirá preto de 20.000€ entre 214 beneficiarios. A resolución pódese consultar no seguinte enlace: http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2017/11/DECRETO-2017-2511-decreto-aprobacion-axudas-de-libros-ilovepdf-compressed.pdf

A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, comunicará por escrito nos vindeiros días a tódolos interesados se a súa petición resultou concedida ou non. 

Por segundo ano consecutivo e de xeito estable, o Concello de Ponteareas colabora coa economía das familias ponteareás apoiando e fomentando o estudo.