Ponteareas coa diversidade no día internacional LGBT

Con motivo do Día Internacional LGBT (lesbianas, gais, trans, queer ou intersexuais), a concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade repatirá entre a cidadanía coa colaboración dos comercios e hostalería de Ponteareas postais informativas que visualizan a discriminación que sofren as persoas que non se ciñen aos estereotipos que ocultan a diversidade.

Termos como heteronorma que define a visibilidade única da heterosexualidade, diversidade, orgullo ou o propio acrónimo LGBT son definidos nestas postais que pretenden e perseguen a igualdade e normalización de todas as opcións personais.

Na busca do respeto e do coñecemento, a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, promove esta iniciativa que se completa coa actuación no auditorio municipal hoxedía 29 ás 21 horas de A Panadería coa obra “Elisa e Marcela”. Unha obra rescatada do ano 1901 que relata o casamento de dúas mulleres na igrexa de San Xurxo. Unha comedia musical onde o verídico parece un invento.