Ponteareas celebra o Día do Libro

A biblioteca municipal dependente da Concellería de Cultura e Lecer, Normalización lingüística e Turismo organiza unha festa co gallo do día do libro que se celebra mañá 23 de abril. A celebración desenvólvese a partir das 18:00 h no Parque da Perillana e conta con talleres e obradoiros para todos os públicos. Obradoiros infantís de elaboración de marcapáxinas personalizados. Obradoiro infantil de pintacaras e outras actividades para os máis cativos. Maratón de lectura. Todas as persoas interesadas poden ler textos de creación propia ou fragmentos dos seus libros favoritos. A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, invita a achegarse ao parque da Perillana e gozar desta actividades.

No caso de mal tempo, a concellería adiará a actividade.