Ponteareas baixa os principais impostos

O goberno de Ponteareas acometeu no pleno extraordinario de hoxe un importante axuste fiscal que afectará a tres dos principais impostos municipais; o imposto sobre vehículos, plusvalía e a “contribución” ou imposto sobre bens inmobles (IBI), tamén aprobou a declaración de “zona catastrófica” como consecuncia dos incendios do mes de outubro. 

IMPOSTOS MÁIS BAIXOS

En relación aos impostos que hoxe foron a pleno e que o goberno tentou consensuar coa oposición e que responden a distintas iniciativas tratadas en Plenos anteriores que teñen como finalidade rebaixar os impostos incrementados en 2013 por PP e ACIP con motivo dos plans de axuste e saneamento económico para pagar as débedas acumuladas que provocaran o embargo dos ingresos por parte do Ministerio de Hacienda; o Alcalde anunciou nas vindeiras semanas cancelará o Plan de Axuste aprobado o 25 de setembro de 2013, plan que levou ligado o incremento dos impostos que hoxe rebaixa o actual goberno. Un plan que comprometía ao Concello polo prazo de dez anos, é dicir, ata 2024 e tamén as subas aprobadas daquela por dez anos. 

Só transcurriron catro anos dende aquelas subas de impostos e estamos hoxe, con este grupo de goberno, en disposición de romper con esas obrigas e limitacións grazas ao esforzo dos veciños que durante estes catro anos soportaron cos seus bolsillos as subas de impostos. Eles son os que teñen o mérito de soportar o pago da débeda millonaria que o Concello tiña acumulada e verse privados de acometer novas obras prioritarias e servizos básicos. Tamén debo lembrar que destes catro anos, case dezaoito meses, foron do goberno anterior e máis de trinta meses do goberno actual”. 

Esta mellora económica tamén ten a súa orixe en dúas medidas impulsadas polos concelleiros que en 2012 estaban na oposición. O aforro logrado como consecuencia do peche da RTM e o aforro nos salarios do goberno e as asignacións do conxunto da Corporación, isto supuxo un aforro ao ano de 70.000€ que dende 2013 inclusive supón un total de 350.000€ só cunha medida, acordo ao que convén lembrar se opuxo o Partido Popular. 

Vehículos de tracción mecánica

Rebaixarase un 13% os vehículos e motos de menor cilindrada así como os tractores. Os vehículos de maior cilindrada terán a mesma rebaixa en cuantía abasoluta que os de menor cilindrada. Recibirán una bonificación do 100% aqueles vehículos históricos, antiguos e clásicos con máis de 30 anos. Para os de máis de 25 anos a bonificación será do 50%. Os vehículos eléctricos terán unha bonificación do 75% promovendo e premiando así accións en prol da sostibilidade. 

Plusvalía

Tamén se prevé aprobar unha bonificación do 95% no imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana “pluvalía”, nas transmisións da vivenda habitual por herdanza. No caso dos demais inmobles a bonificación será do 95% para cotas tributarias de ata mil euros, do 75% se a cota tributaria está entre mil e tres mil euros e do 50% entre tres mil e seis mil euros. 

Bonificacións no IBI e mantemento do tipo mínimo do 0,40% 

O imposto de bens inmobles, IBI ou contribución manterase no tipo mínimo do 0,40% despois de que no presente ano se rebaixaran un 10% todos os valores catastrais, deste xeito Ponteareas conta co taxa máis baixa na contribución e co menor valor catastral posible en todas as propiedades logo da aprobación en 2009 da revalorización catastral que provocou elevadísimos incrementos. Esta actualización concluíra aos 10 anos no ano 2019 e o actual goberno local non ten máis marxe para axustar este imposto por estar xa nos mínimos que permite a lexislación do Catastro.

A mellora da situación económica do Concello permite aplicar determinados beneficios fiscais que contempla a lexislación do IBI, así ás familias numerosas con menores ingresos gozarán dunha bonificación do 75%, os inmobles e construcións indispensables para o desenvolvemento de actividades agrícolas, gandeiras ou forestais Terán unha bonificación do 95%

O imposto sobre bens inmobles ofrecerá un 50% de bonificación na cota íntegra tanto de obra nova como de rehabilitación equiparable a esta e non figuren entre os bens do seu inventariado. O 50% na cota íntegra do imposto durante os tres períodos impositivos seguintes ao do outorgamento da cualificación definitiva. E durante tres exercizos máis dunha bonificación do 25% na cota íntegra.

Enriba da mesa a rede calor

Por outro lado o pleno deixou enriba da mesa a conclusión da tramitación do proxecto Rede Calor con biomasa para o que o goberno local conseguira unha subvención dun millón de euros. O goberno de Ponteareas, que conta con dez dos vinteún concelleiros, non puido aprobar a urxencia da celebración dos dous plenos extraordinarios anteriores ao oporse os once concelleiros da oposición provocando a imposibilidade de cumprir os prazos de execución tendo agora que comunicar a renuncia da axuda lograda antes do día 20. Unha vez máis a oposición do PP e de ACIP amosou a súa falta de compromiso coa veciñanza ausentándose da sesión plenaria no momento de tratar este punto e deixando novamente sen tratar as cuestións relativas ao proxecto da Rede Calor. 

“Unha vez máis o PP e ACIP amosan a súa cobardía política ausentándose do pleno cando toca falar da rede de calor. Logo de pór numerosas trabas en contra da urxencia da tramitación, con recursos para retrasar a contratación da obra, de impedir a pasada semana a celebración do Pleno e de dicir que a culpa é do goberno,  decide ausentarse incluso para que o expediente se poida pechar. O goberno de Ponteareas sí ten culpa de lograr unha subvención dun millón de euros e un préstamo sen xuros de 350.000 euros, despois de facer todos os esforzos para lograr este diñeiro, lóxicamente éramos tamén os máis interesados en sacalo adiante pero non contamos con maioría absoluta para aprobalo por urxencia como era preciso. Deste xeito impediron debater e votar a proposta”, explica o Alcalde.

O goberno local tamén sae ao paso da desinformación e as medias verdades da oposición sobre a tramitación, o recurso do PP e o informe da secretaria. “Todos os grupos coñecen o informe de Intervención da Deputación que avala o procedemento realizado polo goberno de Ponteareas e rexeita o recurso do PP e a interpretación da secretaría municipal naquel momento. Non hai ningún informe técnico que impedira aprobar no Pleno a contratación da obra, o que sí houbo foron os atrancos e as malas artes políticas do PP local para que non avanzaramos e se agotasen os prazos”

Por último, o Pleno votou a solicitude de Ponteareas como “zona catastrófica” afectada polos incendios forestais podendo beneficiarse do protocolo de axudas e accións específicas destinadas a estas zonas.