Ponteareas aprobará modificar o orzamento para abonar a parte da paga extra do 2012 retirada polo goberno de Rajoy

A proposta do goberno, por importe de máis de 70.000 euros, será votada no Pleno ordinario do día 20

O Real Decreto-Ley 20/2012 do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade estabeleceu a eliminación da paga extraordinaria do mes de  decembro daquel ano, aprobado polo Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy.

 “Non se fixo antes porque precisabamos ter os Orzamentos municipais do 2016 aprobados para levar adiante a modificación orzamentaria que cubrira esta paga”, explica o concelleiro de Facenda, Francisco Alonso. “Agora dispoñemos de 70.000 euros de parte de prazas de persoal vacantes que podemos utilizar para a parte da paga extra dos traballadores municipais”, engade. Aos funcionarios correspóndenlle 34.577,86 euros e ao persoal laboral 35.729,82 euros. Un total, en definitiva, de 70.307,68 euros.

A ingreso desta paga extraordinaria atrasada está contemplada no artigo 28 do Convenio Colectivo do Concello de Ponteareas: “Todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio, terá dereito a percibir duas pagas extraordinarias de salario base máis antigüedade, que se aboarán con salario mensual de xuño e decembro”.