Ponteareas aproba en comisión as contas de 2015 para a súa exposición ao público

As Contas Xerais do 2015 mostran unha mellora do 76% no resultado contable permitindo unha redución de 2,8 millóns no remanente negativo de tesourería

O Goberno local de Ponteareas ven de render a Conta Xeral do Concello do pasado ano 2015, esta foi informada pola Comisión especial de Contas na sesión celebrada este mércores 27 de xullo. A exposición ao público iniciarase nos vindeiros días unha vez que sexa publicado o anuncio no Boletín Oficial da Provincia. A partir dese momento, os interesados teñen 15 días hábiles de prazo para examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se consideren oportunos

As contas do 2015 son unhas contas compartidas co goberno anterior ata xuño de 2015. Nelas reflíctese un maior control do gasto no segundo semestre do ano, como resultado do maior control, e tamén de axustes contables realizados para corrixir algúns erros na contabilidade. A redución do remanente negativo de tesourería foi o maior dos últimos anos.

Algúns datos desta evolución da situación económica municipal son:

Resultado anual (Ingresos menos gastos)

2015:      4.994.902,32
2014:      2.833.871,90
2013:       1.174.599,35

O resultado anual mellorou un 76% con respecto ao ano anterior 2014 e consecuentemente con iso o remanente negativo de tesourería reduciuse en 2.764.677, duplicando a contía da rebaixa de 2014 que fora de 1.289.217 euros.

Remanente negativo de Tesourería (saldos)

2015:     2.265.051,11
2014:     5.014.720,97
2013:      6.303.937,09

Polo que se refire a evolución do déficit acumulado no exercicio económico da liquidación que se informa, isto é, o ano 2015, o cadro que se inserta a continuación reflicte dia evolución, dende 2012, en termos de variación dos distintos elementos que conforman a magnitude indicativa diste importante déficit acumulado:

2012 2013   2014 2015
1. Debedores pendentes de cobro 1.378.738,65  1.003.745,64 148.228,19 1.380.161,02
2. Acreedores pendentes de pago 9.431.850,95  7.178.115,58 5.780.870,40 3.783.241,43
3. Fondos líquidos de Tesourería 1.543.954,65  1.487.710,81 1.559.122,66 949.342,95
4.REMANENTE TESOURERIA TOTAL -6.509.157,65  -4.686.659,13 -4.073.519,55 -1.453.737,46
SALDOS DUBIDOSO COBRO 873.277,86 1.617.277,96 796.305,65 811.313,65
EXCESO FINANCIAMENTO AFECTADO 0,00            – 161.383,70 0,00
Remanente de TESOURERIA  -7.382.435,51 -6.303.937,09 -5.031.208,90 -2.265.051,11
Importe anual de reducción

A evolución do valor real do Remanente de Tesourería para Gastos Xerais nos catro últimos anos amosase na táboa seguinte:

remanente

O valor real do Remanente de Tesourería para gastos xerais así calculado para o ano 2015 representa un 28,02 % dos dereitos recoñecidos netos por operacións correntes liquidados en dito exercicio  (fronte os 55,97% e o 76,34% obtidos nos exercicios anteriores).