Ponteareas, apoia o programa “Galicia emprende”

Q55A9935Trala recente publicación da resolución do IGAPE pola que se establecen as bases reguladoras do programa “Galicia Emprende”, o concello de Ponteareas, a través da concellería de emprego e desenvolvemento local que dirixe Marisol Valado, quere poñer en coñecemento de todos os Ponteareáns que está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para novos emprendedores que queiran acollerse a dito programa.

O programa “Galicia Emprende”, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, (programa operativo Feder-Galicia 207-2013, ten como obxectivo : Fomentar a aparición de proxectos de creación de pequenas e medianas empresas ou de realización de investimentos en pequenas e medianas empresas novas promovidas por novos emprendedores para a ampliación do seu novo establecemento.

A Subvención concedida será a fondo perdido, en réxime de concorrencia competitiva e os requisitos dos proxectos son: que non teñan comezado antes da presentación da solicitude de axuda, que pesenten un custo subvencionable superior a 25.000 euros e non superior a 150.000 euros e que os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

Poderá solicitala, calquera persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia, na data de presentación da solicitude de axuda.

A contía da axuda, poderá chegar, ata o 25 % dos investimentos subvencionables e os beneficiarios deberán achegar para o proxecto unha contribución financeira de polo menos un 25% do seu importe.

 

Os interesados poden obter mais información no Centro de Desenvolvemento Local, Lomba do Cruceiro 5, teléfono 986 66 10 50 e tamén nas nas oficinas territoriais do IGAPE.