O Club Bádminton organiza en colaboración coa concellería de Ponteareas os tres campionatos finais do Provincial de Bádminton 2018. A provincia de Pontevedra é a que máis xogadores e xogadoras de bádminton de toda Galicia amosando en cada campionato e proba o potencial dos seus deportistas.
O pavillón Álvaro Pino de Ponteareas acollerá estas tres probas. Despois de dez xornadas a final da Copa Promoción Bádminton Xogade que terá lugar mañá día 13 para dobles e o seguinte doingo día 20 para individuais nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
O Condado e a Paradanta estarán representados por un amplo número de xogadores e xogadoras dos distintos centros educativos da zona.
O sábado día 27 desputarase o campionato provincial Bádminton Escolar no que máis de douscentos nenos e nenas de vinteún centros educativos e clubes da provincia de Pontevedra competirán.
Organizado polo club Bádminton Ponteareas e os servizo de deportes provincial da Xunta de Galicia e coa colaboración do concello de Ponteareas e ADECONPAR, o coordinador da delegación provincial, Guillermo Reinaldo, estivo presente na presentación destes tres campionatos que encherán de deporte as tres vindeiras semanas.
O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, amosou unha vez máis o seu apoio ao deporte e felicitounos polo traballo realizado ao longo deste tempo.