Ponteareas acollerá a cuarta edición do Open Pontepadel

O torneo celebrarse entre os días 31 de agosto e 5 de setembro nas pistas municipais situadas no Complexo Deportivo Álvaro Pino

inaug.pistapadel 015-webA cuarta edición do Open Pontepadel, organizado pola Asociación Deportiva Pontepadel e que conta coa colaboración da concellería de Deportes xestionada por Benito Márquez, terá lugar nas pistas municipais situadas no Complexo Deportivo Álvaro Pino entre os días 31 de agosto e 5 de setembro, día este último no que se disputarán as finais.

Un total de 32 parellas competirán en catro categorías diferentes: iniciados, terceira, segunda e benxamíns. Os premios para os primeiros clasificados van dende unha viaxe sorpresa ata vales por valor de 200 euros. Ademais, a organización ten prevista a celebración dun sorteo no que os participantes e o público poderán conseguir material deportivo relacionado co deporte do pádel.