Ponteareas acolle unha exhibición de habilidade ciclista polo Día Mundial do Síndrome de Down

O Club Ciclista Ponteareas organiza en colaboración coa Concellería de Deportes para mañá martes, 21 de marzo, Día Mundial del Síndrome de Down, unha exhibición e proba de habilidade ciclista. A inscrición poderá realizarse o mesmo día, 30 minutos antes da proba que comezará ás 17.00 horas, na Praza Maior de Ponteareas.

“Sempre é unha satisfacción contribuír con este tipo de probas á integración das persoas con Síndrome de Down. Convidamos a toda a veciñanza a achegarse e aos afeccionados do ciclismo de Ponteareas a facer desta exhibición unha festa.”, manifestou o edil de Deportes, Benito Márquez.