Ponteareas inaugura o xoves 26 a exposición de reloxos antigos e esculturas de material de reciclaxe

Secho Suárez e Héctor Rodríguez inauguran o xoves 26 ás 17.00 no antigo edificio da ferraxería Mariño na rúa da Esperanza. Estará aberta ata o martes 31 de maio.

A exposición está aberta a partir do xoves ás 17.00 ata as 23.00 horas. O venres repetirán horario, pero o sábado, domingo e luns, festivo local, estará aberto de 10.30 ao peche.

Secho, como é coñecido en todo Ponteareas, herdou a súa paixón polos reloxos. “O meu avó xa gustaba de coleccionalos. E meu pais aprehendeuno del e chegou a min.” De feito, unha caixa agocha un fermoso reloxo coas iniciais J.R.S. que corresponden ao seu entrego: José Ramón Suárez. Nesta mostra pódense observar de cerca arredor de 75 antigüidades. “Teño sobre 300, pero non había espazo para tantos”, afirma o organizador.

P1020623_result

Entre os mecanismos podemos atopar un reloxo de máquina de torre, unha maqueta da torre do reloxo de Baiona, tres pezas raras do famoso reloxeiro francés Fourcaut ou unha peza de 1740 da casa Thwaites &Reed, primeira encargada do manexar o Big Ben.

Héctor Rodríguez, pola súa banda, comezou a modelar figuras a partir de material de reciclaxe porque “me gustaba o traballo de varios deseñadores neste ámbito e comecei a imitalos por diversión. Aos poucos, converteuse nunha afección máis seria”.  As imaxinativas esculturas de aventureiros, viláns e heroes “de cómic” teñen as súas propias historias. “Aproveitei pezas antigas de todo tipo: un soprete, os faros de bicicletas e coches, un barril de cervexa, un tanque de gasolina, unha máquina de coser, entre outras, P1020613_resulte fun montando as esculturas”, asegura Héctor. O contraste entre ambas as dúas propostas crean un ambiente máxico, navegando entre a innovación e a tradición.

Tardiñas da semana do Corpus

O grupo de gaitas Os Muiños de Oliveira paseará polas rúas de Ponteareas hoxe martes 24 a partir de las 21.30 horas. Mañá, ás 20.30 horas, será a Banda de Música do Conservatorio Reveriano Soutullo a que dará un concerto no auditorio municipal, seguida da actuación do grupo de gaitas San Salvador de Padróns, ás 21.30 horas polo rueiro de Ponteareas; o xoves tamén, o grupo de gaitas Naiama animará as rúas a partir das 21.30 horas.