Once agrupacións corais da zona sur de Pontevedra daranse cita en Ponteareas este domingo no VI Festival de Corais Deputación de Pontevedra.
O vindeiro domingo, día 22 de marzo, ás 17:00 h, terá lugar no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas o VI Festival de Corais Deputación e Pontevedra, organizado pola Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Ponteareas, con entrada gratuíta.
Neste festival actuarán un total de 11 agrupacións corais da zona sur da provincia de Pontevedra, como son a Coral Polifónica de Arbo; Coral Xuntanza, de Covelo; Coral Polifónica Santa Baia de Mondariz; Agrupación Coral Polifónica da Guarda; Coral Adaxe, de Salvaterra de Miño; Coral Polifónica Fogar de Breogán, de Salvaterra de Miño; Coral O Piñeiral, de Redondela; Coro Polifónico Entenza, de Salceda de Caselas; Coro da Agrupación Musical de Vincios, Gondomar; Coral da Agrupación Musical do Rosal e o Orfeón Condado Paradanta, de Ponteareas.
A Coral Polifónica de Arbo abrirá o festival e cada agrupación coral interpretará tres obras, a capela, de temática libre, entre as cales interpretarán temas de temática galega, tanto de estilo popular coma culto, sendo o Orfeón Condado Paradanta o encargado de pechar o festival.