Ponteareas acolle a entrega de premios dos V Premios Bioga

O auditorio municipal de Ponteareas acolle mañá venres día 10 de novembro a entrega dos V Premios Bioga “Mellor Idea Empresarial Bio”  e “Empresa Biotech máis Competitiva de Galicia”. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, acompañará ao Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que entretará uns premios que recoñecen o traballo dos pioneiros no sector e promoven o talento bio”.

Quince candidaturas de empresas Biotech galegas (sete) e ideas empresariais biotecnolóxicas (oito) optan este ano aos V Premios Bioga, convocados polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida para incentivar o impulso e o desenvolvemento de iniciativas empresariais vinculadas á biotecnoloxía e galardonar ás empresas máis competitivas do sector. 

A empresa ponteareá Ecocelta, foi a gañadora do premio á Empresa máis Competitiva na pasada edición. Os V Premios Bioga, apoiados tamén pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), son os únicos premios de Galicia de recoñecemento á consolidación empresarial e ao talento no sector bio. 

A primeira modalidade está destinada a firmas con traxectoria empresarial xa consolidada e con logros biotecnolóxicos. Sete compañías presentan a súa candidatura: Sunrock Biopharma, Pharmamodelling, Laboratorios Cifga, Nanoimmunotech, Betanzos HB, Health in Code e Md Use! 

Na modalidade de Mellor Ideal Empresarial Biotech teñen cabida proxectos innovadores ou empresas de recente creación que apostan por revolucinarios produtos ou servizos e con visión de futuro,  preséntanse oito proxectos: Biopranaworld, Sense(x), Eicpar, Food tag, La Espiral Verde, LinCbiotech, Tastelab e Mycogalicia. 

O xurado dos premios estará formdo por membros da Xunta directiva de Bioga, representantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC), da Axencia Galega de Innovación, de Acis e os gañadores de 2016 (Ecocelta e Plataforma Tecnolóxica de Vacunas Bacterianas). 

Programa V Premios Bioga. Auditorio Reveriano Soutullo. Ponteareas. 10/11/2017. 10.30-10.45 horas. Recepción V Premios Bioga.
10.45-10.50 horas. Benvida: Carme Pampín, presidenta de Bioga, e Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria. 

10.50-11.30 horas. Entrega de Premios. Empresa Máis Competitiva e Mellor Idea Empresarial. 

11.30-13.00 horas. Un ano premiando la biotecnoloxía. Axencia Galega de Innovación (GAIN), Ganadores IV Premios Bioga (Plataforma Tecnolóxica de Vacunas Bacterianas e Ecocelta) e Bidatek 

13.00-13.30 horas. Clausura: Consellería de Economía, Emprego e Industria e Bioga. 13.30-15.00 horas. Comida Networking. 

15.00-15.30 horas. Visita ás instalacións de Ecocelta.