Ponteareas acolle dende o pasado 17 de outubro unha Escultura homenaxe ás vítimas de cancro de mama

A escultura instalada no Centro de Saúde de Ponteareas, foi realizada por José Gómez de Bernardo, alumno da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

img_0764

O pasado 17 de outubro, foi inaugurada a Escultura en homenaxe ás vítimas de cancro de mama, realizado dende a Escola de Cantería, entidade dependente da Deputación de Pontevedra, escultura que o alumno José Gómez de Bernardo deseñou e elaborou,  resultando unha obra de grandes dimensións e maestría.

Esta colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Escola de Cantería e o Concello de Ponteareas mostra a importancia destes convenios a fin de por en valor os estudos e obras realizadas por este alumnado dun oficio tan específico, que usa materias primas das que dispomos na nosa contorna e que de seguro destacarán grandes artistas que poden realizar a súa obra creativa no noso pais.

“Dende a Concellería de Ensino quero dar os parabéns ao artista José Gómez de Bernardo, pola súa obra que fará que a sociedade teña en conta a tantas persoas que sofren esta enfermidade, e lembrará ás institucións públicas que deben pór todos os medios ao seu alcance para proporcionar a debida atención sanitaria e mellorar a calidade de vida das afectadas, así como dotar dos recursos en investigación que consiga a unha erradicación desta enfermidade”, comenta a edil, Cristina Fernández Davila.