Ponteareas acolle a exposición “Mulleres galegas na historia”

Rosalía de CastroDesde o día 15 de maio e ata o 12 de xuño, a Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas acollerá a exposición “Mulleres galegas na historia”, organizada pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas e na cal o público poderá achegarse á vida e obra de grandes mulleres galegas que destacaron en diversos eidos, entre as que se poden nomear a Rosalía de Castro, María Pita, a Bella Otero, María Casares ou Xela Arias, entre outras.

A apertura da exposición será o día 15 de maio, ás 20:30 horas, e permanecerá ata o día 12 de xuño.

Igualmente, poderase contemplar na Biblioteca unha exposición de carteis sobre a vida e obra do homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas: Xosé Filgueira Valverde.

Estas actividades encádranse dentro das actividades organizadas pola Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, a través do Servizo de Normalización Lingüística, dentro do Mes de Maio, Mes das Letras.