Ponteareas abre oficialmente o tempo de Nadal

Trala posta en marcha do alumeado o pasado luns, o goberno local presentou esta mañá unha programación para as festas que se espallará por todo o Concello

2Música, deporte, teatro, gastronomía, actividades infantís e o compromiso de que o Nadal sexa vivido en cada recuncho do Concello son os principais atributos dunha programación de Nadal que esta mañá presentaban no Salón de Plenos da Casa Consistorial o alcalde, Xosé Represas, a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez.

“Un Nadal pensado fundamentalmente para os máis cativos e para dinamizar tamén o comercio local, animándoa a mercar en Ponteareas, tal e como se transmitiu na mensaxe da campaña que presentou o concelleiro de Comercio, Mario Lago, esta mesma semana”.

A idea é “espallar as actividades do Nadal por todas as zonas posibles, dinamizando o casco urbano e chegando a zonas como A Perillana, onde xogan moitos nenos e nenas, e utilizando á figura do Apalpador como foco de diversión para os rapaces por diferentes partes da vila”.

A edil de Cultura salientou “a implicación de moitos colectivos que permitiron organizar moitos dos eventos que figuran nunha programación ampla, diversa e que tamén estará presente en diversas parroquias grazas á iniciativa Divírtete con Nós no Nadal, que prevé o desenvolvemento contacontos e varios tipos de obradoiros en diferentes centros culturais e axencias de lectura”.presentación-progr-nadal

A música, “como en calquera programación cultural que se fai en Ponteareas, terá unha presenza destacada. Orquestras, bandas de música e grupos de moi diversa índole terán protagonismo ao longo das vindeiras semanas”, tal e como sinalou a propia Bautista, quen tamén adiantou que este ano “a cabalgata de Reis rematará, se o o tempo o permite, na Praza Maior”.

Outra gran pata do calendario estará vinculada ao deporte e a solidariedade, con 6 eventos “que amosan a diversidade deportiva que ten o concello e con presenza dalgúns que nunca estiveran, como é o caso do billar”.