Ponteaeras presenta os programas ‘pensa en ti’ e ‘ti tamén contas’ 2014

PRENSAAs asociacións de Ponteareas, reúnense coa deputada provincial Marta Iglesias, quen lle comunica as actividades previstas pola  deputación provincial en colaboración co concello , dentro dos programas ‘Pensa en ti’ e ‘Ti tamén contas’, para este ano 2014.

A reunión, asistiron tamén,  o  alcalde Salvador González Solla e concelleira de  servizos sociais-atención primaria,  Marisol Valado.

O Concello ponteareano acollerá medio centenar de cursos de 30 disciplinas diferentes, que serán desenvolvidos nun total de 45 asociacións do municipio. Está prevista a participación nestes de case un millar de persoas

En concreto, 17 asociacións de Ponteareas organizarán cursos do ciclo ‘Ti tamén contas’ e 28 colectivos farano da programación ‘Pensa en ti’. O primeiro é un programa dedicado á promoción das relacións sociais das persoas maiores e á  cobertura do seu tempo de ocio. O ciclo ‘Pensa en ti’ está envorcado sobre a concienciación das mulleres e dos homes sobre o seu papel na sociedade actual, o fomento do desenvolvemento persoal ou de grupo, a mellora da calidade de vida ou a mellora da integración social e a loita contra o illamento.

Durante a presentación, Marta Iglesias eloxiou o “bo traballo e a alta participación” das asociacións de Ponteareas e subliñou tamén o “esforzo investidor” da Deputación en materia social.

Recordou neste sentido que a Administración Provincial achega nestes momentos 3,5 millóns de euros anuais ao desenvolvemento de políticas sociais no sur da provincia. En concreto, o desenvolvemento dos cursos de ocupación para maiores teñen reservado un investimento próximo aos 600.000 euros no presente exercicio económico.

Pola súa banda, tanto o alcalde Solla, como a concelleira Valado, agradeceron a deputada provincial, o esforzo e  apoio dado ao concello, a través deste ciclos formativos, así como, animaron aos representes das asociacións para fomentar a máxima participación dos veciños e veciñas e acadar o máximo aproveitamento posible destas actividades.

A programación que se realizará en Ponteareas abordará temáticas tan variadas como a ximnasia de mantemento, a elaboración de tapas, bailes de salón, pilates, tapizaría, xogos tradicionais, herboristería, pintura, cestaría, confección de bixutería, zumba, corte e confección, dietética e nutrición, panadaría e repostaría, Patchwork, risoterapia, tarefas do campo ou elaboración de licores, entre outros.