A Policía Local realiza controis de revisión de tarxetas de mobilidade reducida

A Policía Local de Ponteareas, dependente da concellería de Seguridade Cidadá que dirixe a socialista Vanesa Fernández, ten realizado nos últimos meses un control de tarxetas de estacionamento de mobilidade reducida para identificar aos usuarios e usuarias das mesmas e tratar de evitar o uso fraudulento das tarxetas.

Durante estes controis, nos que se revisaron máis de douscentos usuarios/as, denunciouse a varios vehículos e procedeuse á incautación dunha tarxeta que estaba sendo empregada cando o titular xa tiña falecido.

Durante este operativo non só se ten controlado as tarxetas da zona de Ponteareas, se non tamén de outros visitantes de distintas zonas que empregan estas prazas. 

A concelleira de Seguridade, Vanesa Fernández, explica que é necesario a vixianza destes estacionamentos, motivo polo que seguirá adiante con estes controis.

“É importante concienciar ás persoas do uso responsable e cívico destas tarxetas que non son de libre disposición e todo o mundo debe ser consciente de que en calquera momento as tarxetas poden ser requeridas para a súa revisión. Debemos concienciarnos e non ocupar as prazas reservadas por en calquera intre poden ser necesitadas”.

En Ponteareas hai preto de trinta prazas de aparcamento para vehículos con mobilidade reducida.