A Policía Local de Ponteareas inspeccionou as atraccións de feira das festas de setembro

Por primeira vez, os axentes levaron a cabo esta labor na zona destinada na avenida Castelao

Con esta medida, desde a Concellería de Seguridade Cidadá e Mobilidade, dirixida por Vanesa Fernández, procurouse garantir a seguranza dos usuarios, en concreto, das nenas e nenos, que estes días acudiron ás festas.

Esta inspección, primeira que se levou a efecto até a data, tanto na comprobación da seguridade de cada unha das atraccións, como na comprobación documental coa revisión da posesión do certificado técnico e da posesión da correspondente póliza de seguro obrigatoria.

En total, inspeccionáronse dez postos de atracción de feira entre os que se encontran os coches eléctricos, o dragón, o tiro, a pista de mini karts, entre outros.

Toda esta actuación respondeu á nova organización da Policía executada polo novo oficial e a concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Vanesa Fernández.