Poemas e contos con Carvalho Calero este xoves na biblioteca. Reserva e goza dunha actividade de lecer segura

O día 29 de outubro, ás 18:30 h terá lugar na Biblioteca Municipal de Ponteareas, o contacontos titulado: Poemas e contos con Carvalho Calero. Da man de Marisa Irimia os nenos e nenas achegaránse á poesía do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Relatos dinámicos onde poderán participar e festexar o día das Letras Galegas, que non se puido celebrar o 17 de maio pola pandemia.

Todos e todas as interesadas nesta actividade deben inscribirse previamente na Biblioteca Municipal de Ponteareas, ou ben chamando ao teléfono 986660765 ou a través do correo electrónico ( bibliotecamuseo@ponteareas.es )