A piscina municipal acolle a primeira xornada da Liga Galega de Natación

Mañá sábado 11 de novembro club Natación Ponteareas organiza xunto á Federación Galega de Natación, a primeira xornada da Liga Galega de Natación 2017-2018 na categoría alevín.

A competición, de carácter autonómico, contará con xuíces árbitros e cronometraxe manual. As marcas acreditadas serán tidas en contar para acceder aos campionatos de Galicia e de España. 

A proba comezará ás 17 horas e as gradas estarán abertas ao público dende as 15:30 horas, momento no que a piscina quedará a disposición dos nadadores para realizar exercizos de quecemento. 

Disputaranse probas individuais en diferentes distnacias e estilos así como relevos por equipos. 

A organización convida a tódolos veciños e seguidores a asistir e apoiar aos deportistas tanto do Club como de fóra de Ponteareas.