Pinga Teatro actúa na Axencia de Lectura de Guillade

Será o martes, 19 de abril, e servirá para celebrar o Día Internacional do Libro

 

pinga_“O recuncho dos contos”, unha actividade desenvolvida polo grupo Pinga Teatro Barreiro, é a actuación seleccionada pola concellería de Cultura xestionada por Hortensia Bautista para celebrar o  Día Internacional do Libro na Axencia de Lectura de Guillade o martes 19 de abril a partir das 18.00 horas.

 

A actividade, gratuíta e financiada a través do programa Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consiste nun contacontos acompañado con música e que invita á participación activa dos asistentes. Está pensada para todos os públicos.