Participa na enquisa on line “Ponteareas Orgullosa”

A concellaría de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, convida a toda a cidadanía interesada en participar na elaboración do programa de actividades relacionadas co colectivo LGBTQI+. Seguindo na liña da participación marcada por este goberno, a concellaría pretende realizar unha programación axeitada ás necesidades e demandas destas persoas, ademais de profundizar na concienciación para acadar unha sociedade en igualdade.
 
A través do CIM (Centro de Información á Muller) promóvese este enquisa on line que se pode encher ata o 25 de setembro accedendo directamente nesta ligazón