A parroquia de Prado acollerá unha andaina de 5,5 quilómetros

A saída terá lugar ás 11:00 horas do domingo, 10 de abril, dende a Casa Cultural de Prado

 

IMG-20160404-WA0008A Asociación de Veciños San Nicolás de Prado, en colaboración co Concello de Ponteareas, organiza unha andaina de 5,5 quilómetros de lonxitude que percorrerá diversos paraxes e lugares de interese por esta parroquia ponteareá. A organización prevé que a actividade teña unha duración aproximada de 2 horas.

 

A saída desta andaina terá lugar ás 11:00 horas do domingo, 10 de abril, dende a Casa Cultural de Prado e enmárcase no programa Coñece Ponteareas, un proxecto que ten como obxectivo elaborar de forma participativa, cos veciños de cada parroquia, unha serie de rutas por todo o territorio de Ponteareas nas que se recollan os lugares de maior interese, as lendas e historias de cada camiño. Un proxecto que permita recuperar a toponimia dos lugares, ademais de coñecer o patrimonio, a flora e a fauna de cada percorrido.