Parabéns para os xuvenís do Vila do Corpus

A concellería de Deportes do Concello de Deportes, que dirixe Benito Márquez, felicita á Asociación Deportiva Vila do Corpus polo recente ascenso da súa categoría de xuvenís de primeira á liga galega. 
 
Os xuvenís gañaron o seu ascenso en dúas rondas, unha xogada no campo de Angoares no que resultaron gañadores con un 2-1 e a segunda no campo de O Casal en Moaña no que empataron. 
 
Benito Márquez felicita aos xogadores e adestrador polo seu ascenso e ao equipo directivo polo traballo realizado desexándolles que a vindeira tempada sexa igual de exitosa que a que veñen de pechar.