Parabéns aos nosos campións do Club Deportivo Cultural Areas polo seu ascenso á Terceira División!!!

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e os concelleiros de Seguridade Ciudadana e Deportes, Vanesa Fernández e Benito Márquez, recibiron onte no concello ao Club Deportivo Cultural Areas para facerlle entrega dunha placa conmemorativa polo seu ascenso á Terceira División.

O Alcalde de Ponteareas dirixíuse ao público para recoñecer o esforzó dos xogadores e de todo o equipo directivo e animaounos a seguir traballando. 

Pola súa parte o presidente do Club, Domingo Freitas, tivo palabras de agradecimiento e cariño para todos os colaboradores e siareiros que seguen ao Areas xornada tras xornada.